A Feira da Reigosa do 25 recibirá a visita da Apalpadora
A Asociación de Veciños de Reigosa continúa co seu impulso á feira polo que este mes ten programada unha nova feira o día de Nadal.
22 Dec 2021
A Asociación de Veciños de Reigosa continúa co seu impulso á feira polo que este mes ten programada unha nova feira que coincidirá co día de Nadal e non faltarán as sorpresas. Neste caso está prevista a visita da Apalpadora, que trairá agasallos para todos os nenos, a partir das 11.30 horas.
Seguiranse todas as medidas e normas sanitarias.