A Feira do Libro de Vigo, na Praza Compostela do 1 ao 7 de xullo

A Feira do Libro de Vigo contará con 21 casetas na Alameda da Praza Compostela e o apoio do Concello con 15.000 euros. María Lapido é a autora do cartel desta edición, baixo o lema “Onde florecen os libros”.
Feira do Libro de Vigo 2025
25 Jun 2025

A Praza Compostela acollerá do 1 ao 7 de xullo unha nova edición da Feira do Libro de Vigo, organizada pola Federación Galega de Libreiros co apoio do Concello. O alcalde Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, e a secretaria da Federación, Celia Fernández, destacou a importancia da cita como punto de encontro entre lectoras, lectores e autoras.

O Concello de Vigo achegará 15.000 euros a través dun convenio de colaboración para o desenvolvemento da feira, que contará cun total de 21 casetas, catro máis que na anterior edición. A biblioteca municipal Neira Vilas e o Centro de Documentación e Recursos Feministas tamén disporán de espazo propio no recinto.

A secretaria da Federación salientou a boa acollida desta nova edición e a participación de novos expositores, así como a creación do cartel por parte da ilustradora María Lapido, que asinou esta edición co lema “Onde florecen os libros”.

⚙ Configurar cookies
0.28171992301941