A Filmoteca de Galicia acolle a proxección do documental ‘O camiño de Cova Eirós’

O pase, gratuíto e único, contará cun coloquio co director Xosé González Varela e co arqueólogo Arturo de Lombera
Xose-realizador-Cova-Eiros-gravación
18 Mar 2026

A Filmoteca de Galicia será escenario este venres 20 de marzo ás 18:00 horas da proxección do documental O camiño de Cova Eirós, nun pase único e de balde que destaca polo seu especial significado para os amantes do cinema e para o propio CGAI.

Tras a exhibición da obra, celebrarase un coloquio no que participarán o director do filme, Xosé González Varela, e o co-director das escavacións en Cova Eirós, Arturo de Lombera Hermida, quen achegarán ao público unha visión máis profunda sobre o proxecto e o seu contexto científico.

O documental é froito dun longo proceso de traballo liderado por Xosé González, realizador audiovisual que iniciou a gravación no ano 2011. A produción estendeuse durante máis dunha década, culminando a finais de 2025, momento no que a peza comezou a exhibirse en pantalla.

A cita supón unha oportunidade para coñecer de preto tanto o proceso creativo como o valor patrimonial e arqueolóxico de Cova Eirós, a través dunha proposta que combina divulgación e cinema documental.

0.40980505943298