A Guarda prohibe temporalmente o baño na praia de O Muíño por contaminación microbiolóxica

A restrición continuará ata que se coñezan os resultados da contraanálise e se confirme que a calidade da auga volve situarse dentro dos parámetros permitidos pola normativa vixente
prohibido-banarse
28 Aug 2026

O Concello da Guarda informou da prohibición temporal do baño na praia de O Muíño despois de recibir unha comunicación da Consellería de Sanidade na que se indica que a última mostra de auga recollida neste areal presenta unha contaminación microbiolóxica que supera os límites establecidos para autorizar o baño.

Ante esta situación, e co obxectivo de garantir a seguridade e a saúde das persoas usuarias, o Concello procedeu á prohibición do baño neste areal, unha medida que entrou en vigor hoxe, 28 de agosto, e que se manterá ata novo aviso.

A restrición continuará ata que se coñezan os resultados da contraanálise e se confirme que a calidade da auga volve situarse dentro dos parámetros permitidos pola normativa vixente, permitindo así recuperar o baño en condicións de seguridade.

O Concello da Guarda informou de que comunicará a evolución da situación e anunciará o levantamento da prohibición tan pronto como a Consellería de Sanidade confirme que a calidade da auga é apta para o baño.

0.37524104118347