A Igrexa de San Tirso acollerá o Nacemento de Xesús o domingo 26

GaliciaXa
El Belén viviente que representará la Coral Polifónica de Palas y el Obradoiro municipal de teatro tendrá lugar el 26 de diciembre.
coral polifonica palas belen
23 Dec 2021

O domingo 26 de decembro é a data escollida pola Coral Polifónica de Palas de Rei e o Obradoiro municipal de Teatro para presentar o Nacemento de Xesús.

Este Belén vivente terá lugar na misa das 13.00 horas na Igrexa Parroquial de San Tirso de Palas de Rei.

O Belén Vivente é o nacemento no que se representan escenas tradicionais da Biblia, os protagonistas serán as persoas que conforman a Coral Polifónica de Palas e o Obradoiro municipal de Teatro.

Esta é unha oportunidade para descubrir moitos dos oficios e modos de vida da época dunha maneira entretida e diferente.

coral polifonica palas belen
0.055135011672974