A Moto Romería que terá lugar mañá 26 de febreiro puntuará para o Campionato Galego de mototurismo
Mañá, sábado 26 de febreiro terá lugar a Moto Romería 2022. Ao longo de 150 km por estradas secundarias da provincia de Lugo, o libro de ruta levará aos 70 participantes, por recónditos camiños, a 10 zonas de interese paisaxístico e cultural de Lugo.
Os participantes non coñecen o percorrido e terán que ir descubríndoo grazas ás indicacións do libro de ruta.
Existen dous tramos Trail extra, estes son totalmente optativos e discorren por pistas fáciles de terra. A comida terá lugar no Campo da Feira de Parga e pola tarde será o regreso a Lugo, preto de 50 quilómetros por estradas secundarias.
A partir das 18.00 horas será a merenda, a entrega de premios e darase fin á xornada.
Esta é a primeira proba que puntúa para o Campionato Galego de mototurismo organizado pola Asociación grupos moteros Gallegos (AGMG).