A nova presidenta da Deputación de Lugo reunirase o mércores con Rueda

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá o próximo mércores 25 de marzo en Santiago de Compostela a primeira reunión institucional co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. A mandataria provincial solicitou este encontro tras a súa toma de posesión, no mes de xaneiro, co obxectivo de, por unha banda, trasladarlle as necesidades e demandas da provincia; e pola outra, establecer un diálogo directo co Goberno Galego desde o inicio do seu mandato.
Con este encontro, López pretende reforzar a colaboración institucional entre ambas administracións para avanzar en proxectos que afectan directamente ao desenvolvemento económico, social e territorial da provincia garantindo a mellora de infraestruturas, o fortalecemento dos servizos públicos e o impulso de iniciativas que contribúan a fixar poboación.