Política
O BNG denuncia "centos de facturas sen pagar" a autónomos e pequenas empresas no Concello de Lugo
A concelleira nacionalista asegura que o goberno municipal mantén sen abonar preto de 500 facturas e reclama o seu pagamento inmediato aos profesionais afectados
O BNG presenta os seus candidatos da Mariña lucense ao Congreso e ao Senado para o 29N
A formación nacionalista dá a coñecer nun acto celebrado en Foz a composición das súas listas comarcais para as vindeiras eleccións xerais, con representantes de varios concellos da zona
Fronte Ampla reclama na Coruña un imposto ás grandes fortunas e aos beneficios da banca
A formación concentrouse diante da sede do Banco Santander para defender a proposta 'Taxa ao rico', que contempla gravames de ata o 3 % aos grandes patrimonios e elevar ao 40 % o imposto de sociedades da banca
O BNG chama a unha grande mobilización o 11N e o 29N para que Galiza saia da discriminación e poida decidir o seu futuro
A candidata Carme da Silva insta a romper coa dicotomía do bipartidismo e apoiar con convicción "a quen representa o país"
O Concello de Ferrol compra 8.000 chuvasqueiros por case 17.000 euros para a afección do Racing
Os ponchos repartiranse este sábado no partido contra a UD Logroñés para paliar as molestias das obras da cuberta de A Malata, unha actuación que deixou o estadio a ceo aberto
Unanimidade para impulsar a creación do Consello Sectorial da Memoria Democrática en Valdoviño
O pleno aprobou o regulamento que permitirá constituír este órgano consultivo, no que estarán representados os grupos políticos, as entidades memorialistas e investigadores das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal
O BNG levará ao pleno a mellora do cruzamento entre Santo Graal e Angelo Colocci
Rubén Arroxo denuncia que o goberno local suprimiu as partidas previstas para esta actuación e anuncia iniciativas nas comisións de novembro para reclamar a súa execución
O PSOE denuncia a falta de médicos nos centros de saúde do interior da comarca de Betanzos
A deputada Silvia Longueira reclama á Xunta unha solución para Curtis e outros municipios como Coirós, Irixoa e Aranga, onde asegura que os pacientes quedan cada vez con máis frecuencia sen facultativo
Paderne de Allariz aproba por unanimidade axudas de 250 euros para as asociacións veciñais
A medida, impulsada inicialmente polos socialistas, saíu adiante co respaldo de todos os grupos despois de ter sido rexeitada nunha votación anterior
GaliciaXa
Compostela Aberta apoia a folga xeral do 11 de novembro "en defensa dunha vida digna"
Defenden que as clases privilexiadas deben asumir unha maior contribución ao financiamento das solucións ás distintas crises, mediante unha reforma fiscal
O Concello de Culleredo e o PP reclaman que as 17 vivendas públicas de Vilaboa teñan continuidade
Rioboo ofrece á Xunta novas propostas de solo para futuras promocións, mentres Izaskun García pide ao Goberno local que concrete as parcelas dispoñibles e avance na tramitación do PXOM
O PSOE denuncia que a Policía Local de Cambre só conta con catro axentes e reclama un plan urxente
Os socialistas responsabilizan a alcaldesa, Diana Piñeiro, da falta de planificación e piden reforzar tamén o Servizo Municipal de Emerxencias
Miguel Fernández propón converter a antiga estación de autobuses de Lugo nunha residencia pública
O proxecto socialista aposta por rehabilitar o edificio para crear unha residencia de maiores e un centro de día, mentres que as antigas dársenas se transformarían nun bosque urbano interxeracional
O alcalde de Valdoviño critica que a delegada da Xunta presentase as obras do CPI Atios sen contar co Concello
Alberto González cualifica de falta de respecto institucional a visita de Martina Aneiros, aínda que celebra os 1,51 millóns previstos para rehabilitar o centro, unha actuación que o goberno local reclama desde hai anos
O vicealcalde de Vilalba convoca unha reunión da veciñanza de Vilapedre este venres
O obxectivo é explicar e contrastar cos veciños as vindeiras actuacións que o Concello ten previstas desenvolver na parroquia
Os candidatos do PP Conde e Barreiro sinalan ao partido como “a única alternativa real de cambio”
Os nº1 ao Congreso e ao Senado do PP por Lugo participaron nunha reunión con afiliados dos municipios da comarca
O BNG reclama que os contedores do centro de Lugo se coloquen só en horario nocturno
A formación levará o asunto á comisión municipal tras recibir queixas pola presenza de colectores nas rúas do casco histórico durante o día e pide revisar o cumprimento das condicións do servizo de recollida de lixo
Eventos
GaliciaXa
Fronte Ampla impulsa unha ILP para limitar os alugueiros e chama á folga xeral do 11N
A formación inicia a recollida das 10.000 sinaturas necesarias tras a admisión a trámite da iniciativa no Parlamento galego, que propón limitar os alugueiros a un terzo do salario mínimo
GaliciaXa
O PSdeG esixe á Xunta unha reforma para blindar o dereito ao aborto
Pola contra, o conselleiro de Sanidade asegura que o 99 % dos abortos realizados no primeiro semestre de 2026 se practicaron na sanidade pública galega
GaliciaXa
Carlos Cuerpo toma as rendas de Transportes tras a saída de Óscar Puente
Pedro Sánchez confía no vicepresidente primeiro para afrontar a crise ferroviaria e recuperar a confianza na rede de alta velocidade tras os dous accidentes que deixaron 115 vítimas mortais en dez meses
A Xunta forma o seu persoal para desenvolver os PIA mentres os afectados seguen reclamando a súa paralización
O Goberno galego asegura que xa ten catorce proxectos en marcha, mentres centos de persoas se manifestaron en Santiago contra un modelo que ameaza vivendas e núcleos habitados como o de Monte Mero, na Coruña
O PSOE acusa a Candia de desviar os fondos de Novo Norte cara a actuacións temporais e gastos xa previstos
Ana González Abelleira critica que o Goberno local destine recursos europeos a aparcadoiros, obras e actividades de Nadal mentres seguen pendentes os dous grandes proxectos de transformación da zona norte
O Valadouro esixe ao Sergas cubrir as dúas prazas de médico do centro de saúde
A corporación apoiou unha moción do BNG para reclamar a restitución dos profesionais e tamén pediu explicacións pola celebración das festas na Praza de Santa María antes de recibir as obras
O PSOE de Monterroso denuncia a acumulación de lixo no exterior do punto limpo de Pol
Rafael García reclama a retirada dos residuos e a limpeza da zona pola súa proximidade aos depósitos de auga que abastecen as vivendas do núcleo.










