A Reigosa acolle un contacontos de Nadal este venres
A Asociación de Veciños de Reigosa, na Pastoriza, organiza este venres, 30 de decembro, un contacontos de Nadal dentro do proxecto educativo Acolar 0-3, dirixido á estimulación dos pequenos.
27 Dec 2022
A Asociación de Veciños de Reigosa, na Pastoriza, organiza este venres, 30 de decembro, un contacontos de Nadal dentro do proxecto educativo Acolar 0-3, dirixido á estimulación dos pequenos.
Será o día 30 a partir das 16.30 horas no local sociocultural de Reigosa. E para participar será necesario unha inscrición previa, paso necesario para organizar as actividades que se van desenvolver.
O último día para anotarse é o martes 27 de febreiro cos membros da asociación.