A Sociedade Micolóxica Lucus organiza un curso
A Sociedade Micolóxica Lucus organiza entre os días 8 e 13 de novembro, cinco xornadas teóricas e unha práctica sobre micoloxía.

20 Oct 2021
A Sociedade Micolóxica Lucus organiza entre os días 8 e 13 de novembro, cinco xornadas teóricas e unha práctica sobre micoloxía.
Trátase dun curso completo partindo partindo de cero e tocando todos os aspectos básicos relacionados coa micoloxía como son a bioloxía, ecoloxía e formas de vida dos fungos, aspectos básicos para a identificación de cogomelos, clasificación de cogomelos, principais grupos e especies, intoxicacións por consumo de cogomelos, principais especies tóxicas, lexislación aplicable, boas prácticas na actividade micolóxica....
Para participar é necesaria a inscrición no seguinte enlace.