A Unidade Muller e Ciencia renova ás súas expertas para incrementar a presenza feminina na investigación

No Pleno celebrado en Santiago, renováronse catro vogais expertas e a catedrática Verónica Salgueiriño abordou os motivos que levan ás mulleres a abandonar liderados científicos.
Unidade da Muller
22 May 2025

No Pleno da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez; e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, renovaron hoxe ás vogais expertas externas encargadas de impulsar a visibilidade e carreira das mulleres na ciencia.

As novas incorporacións son:

Ana Jesús López Díaz, profesora de Enxeñería Naval e Industrial (UDC)

María Dolores Pérez Meirás, catedrática de Química Orgánica (USC, Ciqus)

Susana Ladra González, catedrática de Ciencias da Computación (UDC)

María Loureiro García, catedrática de Análise Económica (USC, Ecobas)

Quintiana agradeceu o labor das vogais saíntes e resaltou o seu papel clave na posta en marcha de medidas para acadar unha maior representación feminina nas carreiras científicas e técnicas.

O Pleno contou tamén coa intervención da catedrática de Física Aplicada Verónica Salgueiriño (UVigo), quen impartiu o relatorio “Retos das mulleres científicas na actualidade”, no que analizou as barreiras que dificultan ás investigadoras acceder ou manter proxectos de liderado.

Finalmente, presentouse o programa Galicia Investiga Igualdade, con dez bolsas predoutorais en estudos de xénero, e adiantouse a creación dun grupo de traballo específico dentro da Estratexia de Emprego Feminino en Sectores Masculinizados, co apoio da Unidade Muller e Ciencia.

⚙ Configurar cookies
0.10457682609558