A USC convoca unha nova edición do Premio Humanitas

Este galardón recoñece a dedicación e implicación en actividades solidarias ou humanitarias, en beneficio da mellora da calidade de vida da colectividade
alumnos-estudante-colexio-instituto
9 Nov 2026

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni-USC) e o Consello Social da institución compostelá convocan unha nova edición do Premio Humanitas, destinado a recoñecer accións e traxectorias que estean desenvolvendo actualmente persoas xurídicas que se distingan pola súa dedicación e implicación en actividades solidarias ou humanitarias, en beneficio da mellora da calidade de vida da colectividade. O prazo de presentación de candidaturas esténdese ata o 30 de novembro.

As persoas destinatarias do premio deberán ter o seu ámbito xeográfico de actuación en Galicia. O premio será único e indivisible, e a candidatura gañadora recibirá a cantidade de 2.000 euros que se achegarán ao 50% entre a Alumni-USC e o Consello Social como contribución aos labores solidarios ou humanitarios que estea a desenvolver a entidade gañadora. As candidaturas para o premio Humanitas presentaranse mediante escrito razoado a través do rexistro electrónico da USC.

0.31569194793701