A X Festa da Troita de Ribeira de Piquín acolle o Concurso de Lance 2026 o 9 de maio

Ribeira de Piquín celebrará o vindeiro sábado 9 de maio a décima edición da Festa da Troita, unha cita xa consolidada no calendario local que terá como acto principal o Concurso de Lance 2026. O evento reunirá afeccionados á pesca e veciñanza nunha xornada completa de actividade e convivencia.
A programación comezará ás 07:30 horas coa concentración de pescadores na Praia do Chao. O concurso dará inicio ás 09:00 e prolongarase ata as 13:00 horas, momento no que se realizará o remate da competición.
Xa pola tarde, ás 15:30 horas, celebrarase o tradicional xantar da irmandade, seguido da publicación dos resultados e a entrega de trofeos ás 17:00 horas. A xornada culminará cunha churrascada gratuíta ás 22:30 horas.
Ademais, haberá sesión vermú e verbena con actuación musical, todo iso baixo carpa cuberta para garantir o desenvolvemento do evento independentemente das condicións meteorolóxicas.
A inscrición no concurso terá un custo de 40 euros, mentres que os tickets para a comida campestre serán de 30 euros para maiores de 10 anos, previa reserva. A data límite de inscrición está fixada para o martes 5 de maio.