Eventos
Muimenta celebrará o XVIII Mercado de Nadal con 2.200 euros en premios e a participación de 22 negocios
A campaña manterá a contía dos premios das edicións anteriores, cun total de 1.700 euros distribuídos en 17 vales de 100 euros cada un
Últimos días para inscribirse na XV Semana do Pincho de Betanzos
Os establecementos hostaleiros poden presentar a súa solicitude ata o 25 de novembro para participar nunha cita que se celebrará do 2 ao 6 de decembro e que premiará tanto o mellor petisco como o favorito do público
A Feira do Mel da Montaña reunirá as mellores producións da comarca este sábado no Viveiró
Abrirá ás 11.00 horas e contará con postos de venda de mel e doutros produtos de temporada e proximidade, entre eles sete postos de apicultores e apicultoras de Muras e da contorna
A Xove Banda de Narón e a Banda Infantil Sementeira protagonizan un concerto solidario por Santa Icía
A cita celebrarase este sábado no Auditorio municipal a partir das 18.00 horas e a recadación destinarase ao Centro de Recursos Solidarios de Narón
Mañón celebra esta tarde o seu magosto no Abeiro do Sor con castañas e música en directo
A cita comezará ás 19:00 horas e contará con castañas da finca do Abeiro e unha actuación musical de Borja Vilar González
Once establecementos hostaleiros participarán nunha nova edición de ‘Tapeando Carral’ do 4 ao 6 de decembro
A iniciativa ofrecerá propostas gastronómicas en locais de Carral, Tabeaio, Sergude e Cañás, ademais de premios para os participantes que completen diferentes percorridos
Santiago dará a benvida ao Nadal o 1 de decembro cun acendido colectivo de luces na praza do Obradoiro
A celebración do acendido comezará ás 18.30 horas cun pasarrúas musical que partirá de dous puntos diferentes
Os Premios Mestre Mateo reúnen 155 producións e 393 profesionais na súa 25ª edición
As votacións para escoller as candidaturas finalistas comezan este xoves 19 de novembro. A gala celebrarase o 27 de febreiro en Palexco e a edición incorpora cambios nas categorías para reflectir a diversidade do audiovisual galego
O Apalpador fará unha parada en Betanzos na súa xira polos mercados de Nadal galegos
O tradicional carboeiro dos Ancares participará na cita betanceira dentro dunha xira polos mercados de Nadal galegos organizada pola cooperativa O Palán, que levará agasallos e un photocall para fotografarse con el
A Praza do Nadal de María Pita avanza nos preparativos dos seus cinco postos gastronómicos
Trece establecementos participarán na oferta gastronómica, que se renovará en tres quendas ao longo das festas
Leña Verde celebra o próximo sábado en Pol un magosto
Será a partir das 20.00 horas con degustación de callos e castañas e coa actuación de Ángeles Goás
Paco Piñeiro, o mestre que deixou pegada en Moeche, recibe o título de Fillo Predilecto de Mondoñedo
A alcaldesa, Beatriz Bascoy, participou na homenaxe ao docente e dramaturgo, que residiu catro anos no municipio e dá nome ao centro cultural de Abade desde 2017
A cuarta Ruta Turística Vila de Ortigueira celebrarase o 28 de novembro
A inscrición abre o prazo para anotarse ata 25 de novembro
Pontedeume celebrará o 21 de novembro un xantar solidario a favor da Asociación Española Contra o Cancro
O encontro terá lugar no restaurante La Ría, en Centroña, e contará coa música de DJ Chus
Lorbé celebrará o 21 de novembro a XI Festa Gastronómica da Centola
A cita terá lugar no porto a partir das 13.00 horas, baixo unha gran carpa, e ofrecerá tamén mexillón de Lorbé
A asociación de mulleres rurais Cousas Nosas de Cospeito celebrará o seu 30 aniversario o próximo sábado
As persoas asistentes poderán gozar de pinchos, música en directo, baile, unha mesa de xogos, un recuncho dos recordos e numerosas propostas de diversión
Arelar organiza en Cedeira unha charla sobre a importancia da alimentación para a saúde
A doutora en Bioloxía María José M. Santé impartirá a sesión 'A saúde comeza na mesa' o 28 de novembro, ás 17:00 horas, na Sala Áncora
Eventos
Pígara xa ten todo preparado para o seu esperado festival
Celebrarase o vindeiro sábado 28 de novembro cunha programación que combinará gastronomía, actuacións musicais e actividades de lecer para todos os públicos
Unha andaina en Pontedeume busca dar visibilidade ao TDAH e apoiar as familias
A asociación NeuroNais organiza este sábado, 14 de novembro, unha camiñada que partirá ás 11:30 horas da praza Real para promover a comprensión e a inclusión das persoas con trastorno por déficit de atención e hiperactividade
ICONAS dá voz ao talento feminino con Elena Merlotti e Eugenia Tenenbaum nun encontro na Coruña
O proxecto de LesCoruña reunirá este sábado 14 de novembro, en A Tobeira de Oza, á artista e escritora italiana e á historiadora da arte galega para abordar a creación, a cultura e as perspectivas feministas en dúas conversas conducidas por Estela López
Arranca esta tarde o concurso de tapas Saborea As Pontes
Participan 13 establecementos, con propostas gastronómicas a 2,50 euros e 1.200 euros en premios
A Moexmu comeza a preparar a súa XLIII edición, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de abril
O vindeiro sábado terá lugar unha reunión de traballo na que participarán membros de Africor Lugo e a maioría dos gandeiros que tomaron parte na última edición
A AC de Penas de Rodas celebra un campionato de tute o sábado 21
Os premios para os ganadores serán produtos gastronómicos
Gastón Acurio será un dos grandes nomes do Galicia Fórum Gastronómico 2027
O recoñecido chef peruano participará na cita, que se celebrará do 4 ao 6 de abril en ExpoCoruña baixo o lema 'As Cociñas de Ultramar', centrado nos intercambios gastronómicos entre Galicia e os territorios atlánticos










