A Xunta abre o prazo para formalizar a matrícula nas escolas infantís da rede pública autonómica

Do 2 ao 13 de xuño, as familias poden presentar a documentación para matricular ás crianzas de 0 a 3 anos en centros públicos, co servizo gratuíto por cuarto ano consecutivo.
Escuela Infantil
2 Jun 2025

A Xunta de Galicia abre hoxe luns, 2 de xuño, o prazo para que as familias formalicen a matrícula no curso 2025-2026 nas escolas infantís da rede pública autonómica. O prazo terminará o día 13 de xuño.

As familias deberán entregar o impreso de matrícula con todos os datos correctamente cubertos e a copia da cartilla de vacinación do neno ou nena. Pódese realizar o trámite de dúas maneiras:

A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

De xeito presencial no centro onde se solicitou a praza.

O curso nos centros de 0 a 3 anos da Administración autonómica comezará o día 5 de setembro. Por cuarto ano consecutivo, a atención educativa nesta etapa será de balde en todas as escolas infantís de Galicia: públicas, privadas e de iniciativa social. Grazas a esta medida, Galicia continúa a liderar a escolarización nesta etapa voluntaria a nivel estatal.

Listas de espera
Unha vez iniciadas as matriculacións, iranse actualizando e depurando as listas de espera, facendo novos chamamentos para cubrir as prazas que queden vacantes. Isto débese á duplicidade de solicitudes: moitas familias figuran en varias listas de diferentes centros, así como nas listas de escolas infantís doutras administracións e entidades.

⚙ Configurar cookies
0.22327208518982