A Xunta amplía as axudas para a adquisición de vivenda a menores de 36 anos

A ampliación do orzamento para estas axudas, dirixidas especificamente á persoas mozas residentes en concellos de menos de 10.000 habitantes, busca atender a demanda de solicitudes
catastrazo-burela-vencello-casa-dineiro
20 Nov 2026

O Diario Oficial de Galicia publicó ayer a ampliación de crédito da liña de axudas para adquisición de vivenda dirixida especificamente a persoas menores de 36 anos, en concellos de menos de 10.000 habitantes. A Xunta xa ampliara a dotación inicial de 2M€ con 300.000€ e engade agora outros 286.284€.

O incremento orzamentario, asumido con fondos autonómicos, ten como obxecto atender a demanda de solicitudes para estas achegas, que buscan facilitar a emancipación das persoas mozas co acceso a unha vivenda en réxime de propiedade nestes concellos ou tamén a autopromoción. A contía destas axudas pode acadar ata un máximo de 15.000€.

Esta modificación non require a apertura dun novo prazo para presentar solicitudes. 

2.2111940383911