A Xunta avala as medidas da Xunta para protexer a biodiversidade nas dunas de Doniños, A Frouxeira e Vilarrube

Martina Aneiros deu conta das actuacións durante unha visita ao areal de Doniños, onde se instalou unha nova ponte e un novo tramo de pasarela
visita-aneiros-doninos
15 Jul 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, puxo hoxe en valor o investimento de 91.500 euros por parte do Goberno galego para garantir a preservación da biodiversidade, con medidas antipisoteo e de regulación da presión antrópica, nas dunas das praias de Doniños (Ferrol), A Frouxeira (Valdoviño) e Vilarrube (Valdoviño).

Durante unha visita ao areal de Doniños, Aneiros deu conta do compromiso da Xunta coa protección do patrimonio natural da Comunidade, “un dos nosos maiores tesouros”, incidiu. Alí comprobou o resultado dos traballos levados a cabo na zona, onde se instalou unha ponte sobre un curso fluvial, buscando restrinxir a circulación a un único paso e evitar a creación de rutas alternativas que poden chegar a danar o ecosistema. Os traballos incluíron tamén a extensión da pasarela existente para enlazar o tramo actual coa nova ponte.

No caso da Frouxeira e Vilarrube, as actuacións, que se levarán a cabo proximamente, consistirán no acordoado de zonas co obxectivo de regular o acceso dos visitantes e de animais domésticos a estes espazos que, segundo explicou a delegada, son de grande interese para a conservación da píllara das dunas. Estas zonas quedarán delimitadas con postes de madeira a través dos que se inserirá un cabo de nailon.

Estas medidas forman parte do Plan para a restauración e posta en valor de humidais galegos de interese, que a Xunta está a desenvolver cun investimento de 4,65 millóns de euros ata o ano 2028.

0.3733389377594