A Xunta e Amit reforzan a colaboración para impulsar o emprendemento feminino en ciencia e tecnoloxía

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, reuniuse hoxe en Santiago de Compostela coa presidenta da Asociación de Mulleres Científicas e Tecnólogas (Amit), Carmen Martínez, para analizar novas vías de colaboración coa Xunta que permitan seguir impulsando o emprendemento feminino nos sectores científico e tecnolóxico.
No encontro, no que tamén participou a responsable de Woman Emprende da USC, Eva López Barrio, Quintiana salientou que a convocatoria do programa de apoio ao emprendemento feminino Emega continúa aberta ata o 14 de agosto. Unha das tres modalidades, a Emega Innova, está dirixida especificamente a proxectos con base científica, innovadora e tecnolóxica.
As responsables intercambiaron impresións sobre a situación das mulleres na investigación e as barreiras ás que se enfrontan tanto para continuar a súa carreira investigadora como para poñer en marcha un proxecto emprendedor. A directora xeral expuxo as iniciativas que desenvolve a Xunta neste eido, como a Estratexia galega de emprego feminino en sectores masculinizados, o propio programa Emega ou o Galicia Investiga Igualdade.
Ambas coincidieron en manter e fortalecer a colaboración para seguir avanzando cara a unha Galicia máis igualitaria.