O PSOE denuncia que a Xunta incumpre de novo o prazo legal para aprobar o Pladiga

A portavoz de Política Forestal do PSdeG, Carmen Rodríguez Dacosta, denunciou este luns que a Xunta volve incumprir “un ano máis” a obriga legal de aprobar e publicar antes do 31 de outubro o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga). A parlamentaria rexistrou unha batería de iniciativas no Parlamento para esixir ao Goberno galego que adopte “con seriedade” as políticas de prevención fronte ao lume.
Dacosta lembrou que Galicia vén de sufrir a maior vaga de incendios en décadas e lamentou que a Xunta “segue sen aprender nada” dunha traxedia que deixou centos de hectáreas arrasadas, numerosas propiedades perdidas e un forte impacto social. “Os lumes extínguense no inverno”, advertiu, criticando que a Consellería do Medio Rural continúe nunha “xestión irresponsable e perigosa” baseada en “anuncios baleiros” en lugar de medidas reais.
A deputada reclamou que non se deixe no esquecemento “todo o sufrimento” vivido o pasado verán e instou a atender as recomendacións de expertos, grupos parlamentarios e da experiencia dos grandes incendios de Ourense. Subliñou que os lumes de nova xeración son “practicamente imposibles de apagar unha vez iniciados”, polo que a prevención é a única vía eficaz.
Desde a aprobación do Real Decreto-Lei 15/2022, as comunidades autónomas están obrigadas a aprobar e publicar os plans anuais antes do 31 de outubro do ano anterior. Segundo Dacosta, Galicia incumpre reiteradamente esta norma, o que evidencia “un déficit de planificación” e unha “desconexión preocupante” coa normativa estatal. Recordou que a falta de publicación do Pladiga provoca atrasos na contratación de persoal, dificulta a coordinación interadministrativa e impide á cidadanía coñecer as accións previstas.
A parlamentaria reclamou tamén o cumprimento do Real Decreto 716/2025, que introduce directrices comúns para integrar a prevención de incendios na planificación territorial, reforzar o papel da protección civil, adaptar os dispositivos aos incendios de alta intensidade e promover a fo