A Xunta mantén no centro da Península os efectivos e medios que loitan contra os incendios

O Goberno autonómico envió ayer un relevo para substituír aos profesionais mobilizados o pasado xoves en León, aos que agora se suma un novo axente
bombeiros-forestais-incendios-avila
27 Jul 2026

O Goberno autonómico respondeu á petición feita por Castela e León de manter na súa comunidade os medios despregados para prestar apoio nos labores de extinción dos incendios forestais que están a afectar esta rexión. Deste xeito, Galicia enivou un relevo para substituír aos profesionais mobilizados o pasado xoves para traballar en León, aos que agora se suma un novo axente. A cesión de medios por parte do Executivo galego responde a unha avaliación técnica por parte do equipo da Consellería do Medio Rural da situación actual en Galicia.

Cabe sinalar que a comunidade mobilizou esta semana máis de 60 profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) para traballar nas comunidades de Castela e León e Madrid. Así, o pasado xoves despregáronse un grupo de 14 profesionais, 1 bulldozer e 1 motobomba, e durante o venres reforzouse cun helicóptero, 1 brigada e 2 axentes.

Pola súa parte, os efectivos enviados o venres tras a petición do Goberno central para apoiar os incendios de Ávila e Madrid, o mando único derivounos a dar apoio en Ávila, onde seguen a día de hoxe: 2 helicópteros, 6 brigadas, 4 axentes, 1 técnico, 1 bulldozer e 1 posto de mando.

Esta cooperación enmárcase no contexto actual de declaración de Emerxencia de Interese Nacional realizada polo Goberno de España. Así, e ante situacións complexas como as que se están a vivir noutras partes de España, Galicia responde ás necesidades doutras comunidades autónomas e presta o seu apoio, sempre garantido o correcto funcionamento do operativo galego contra os incendios, que se mantén en garda, tal e como corresponde á tempada de alto risco de incendios na que nos atopamos actualmente.

Cómpre lembrar, neste sentido, que grupos de profesionais galegos téñense desprazado anteriormente en diversas ocasións a varios territorios de España e tamén a Portugal (como ocorreu no ano 2017) para colaborar nas tarefas de extinción dos incendios forestais.

0.49506092071533