A Xunta recoñece aos ciclistas que conquistaron nove medallas nos campionatos de España

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiu hoxe en San Caetano aos ciclistas integrantes das seleccións galegas
recepcion-ciclistas-galegos-xunta
15 Jul 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiu hoxe en San Caetano os ciclistas integrantes das seleccións galegas que participaron nos últimos Campionatos de España júnior e elite de ciclismo en ruta e escolares de BTT disputados respectivamente en Sabiñánigo (Huesca) e en Melilla, nos que colleitaron nove medallas, seis delas de ouro.

Diego Calvo felicitou polos títulos nacionais a Alejandra Neira, ouro en contrarreloxo e en ruta; a José Manuel Rouco e a Guillermo García, ouros nas categorías infantil e cadete de BTT; e os equipos infantís feminino e masculino. Ademais, recoñeceu polos seus bronces a Tamara Seijas, dobre medallista na categoría elite de contrarreloxo e en ruta, e ao equipo cadete masculino.

0.36682295799255