A Xunta recoñece campañas extraordinarias de dinamización en cinco centros comerciais abertos

A Xunta de Galicia vén de aprobar unha aportación extraordinaria para cinco Centros Comerciais Abertos (CCA) por O teu comercio local é extraordinario, unha liña que outorga case 200.000 € a Estrela de Marín, Boiro, Ferrol, Acisa Ribadeo e a Asociación Rianxeira. Estas cinco campañas destacaron por carácter innovador, calidade das accións e capacidade de atraer nova clientela –criterios clave na resolución publicada hoxe no DOG–.
Estas subvencións forman parte dun orzamento global de 2,3 M€ dirixido a 54 CCA de toda Galicia para fortalecer a dinamización comercial. Os proxectos premiados inclúen escaparates colectivos sorteos, actividades de rúas con música e gastronomía, rutas temáticas, concertos, descontos e animación en distintos meses do ano, sempre en coordinación cos concellos.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acharon que estas accións encaixan no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que prevé reconfigurar os CCA e elaborar un rexistro actualizado, así como un plan de formación continua para os seus xestores. “Os Centros Comerciais Abertos son pezas fundamentais do ecosistema local”, afirmou González, destacando o impulso a un modelo comercial moderno e sostible.