Aberta a fase preliminar do Torneo Lugo Debate con máis de 200 estudantes participantes

O concelleiro Jorge Bustos destaca a importancia da oratoria para o desenvolvemento persoal e profesional da mocidade
presentacion-Torneo-Lugo-Debate-2026
6 Mar 2026

O Torneo Lugo Debate iniciou a súa fase preliminar, que se disputa os días 9, 10 e 11 de abril, coa participación de máis de 200 estudantes de Secundaria, Bacharelato e Universidade de toda Galicia.

O concelleiro de Urbanismo, Deportes e Xuventude, Jorge Bustos, subliñou as oportunidades que ofrece esta actividade para a mocidade, destinada a “fomentar o arte da oratoria e a comunicación eficaz”, e destacou que “as habilidades e capacidades que require a oratoria, como o dominio da lingua, a capacidade de transmitir, a de comunicar, a linguaxe non verbal e a elocuencia, poden marcar a diferenza no seu futuro profesional”.

Bustos desexou sorte aos 17 participantes que abriron esta primeira fase, na que interveñen un total de 40 estudantes. Algúns deles conseguirán clasificarse para a vindeira edición do Torneo Lugo Debate 2026, que se celebrará do 9 ao 11 de abril na Escola Universitaria de Relacións Laborais e Recursos Humanos da USC do Campus de Lugo. O concelleiro tamén eloxiou “a predisposición dos centros educativos participantes e dos seus docentes, que desde un primeiro momento fomentaron a actividade de oratoria entre o alumnado”.

O edil destacou que, desde o área de Xuventude, “é un orgullo que a nosa cidade sexa durante tres días epicentro do debate, reunindo a tanto talento mozo nun evento que xa se consolidou como unha referencia a nivel nacional no ámbito da oratoria xuvenil”. Lembrou ademais a traxectoria de mozos que comezaron neste torneo e que posteriormente lograron ser mellor orador de España na Liga de Debate Universitario e subcampión do Mundo de Oratoria en Español. Jorge Bustos agradeceu tamén “o traballo e implicación da asociación Más Debate de Lugo, pola organización deste torneo e pola súa contribución a fomentar o pensamento crítico da mocidade, o traballo en equipo e favorecer o ocio activo entre a xuventude”.

0.36165118217468