Abertas as inscricións para a 1ª Subida Ribeira Sacra de Chantada

A proba, que nace tras a cancelación da 52 Subida a Chantada, terá lugar do 10 ao 12 de xullo
subida-a-chantada
4 Jun 2026

Xa están abertas as inscricións para a 1ª Subida Ribeira Sacra de Chantada, unha nova proba automobilística que se celebrará os días 10, 11 e 12 de xullo de 2026.

O evento está organizado por Chantada R.S. Motorsport e coorganizado pola Escudería Valdeorras, contando ademais coa colaboración do Concello de Chantada. A competición forma parte do Campionato de España de Montaña.

Esta nova cita automobilística nace co obxectivo de recuperar a actividade do automobilismo de montaña nun escenario emblemático como a Ribeira Sacra. A súa posta en marcha chega tras a cancelación da 52 Subida a Chantada, unha proba histórica na comarca, que foi suspendida ao non acadarse as condicións económicas necesarias para a súa celebración.

A organización busca con esta nova competición manter o espírito da anterior proba e darlle continuidade á tradición automobilística da zona.

0.3307421207428