Abre no Fogar de Maeloc unha mostra pictórica de Katova
O hábitat cultural Fogar de Maeloc, situado na casa da cultura da Pastoriza abriu unha nova mostra de pintura baixo o título de Abrakatova!
As cores, a intensidade e a visión desta artista, Katova, cautivaron xa aqueles que a visitaron.
![86661831_2255771171395871_2955257401697107968_o](https://galiciaxa.com/wp-content/uploads/2020/02/86661831_2255771171395871_2955257401697107968_o.jpg)
21 Feb 2020
O hábitat cultural Fogar de Maeloc, situado na casa da cultura da Pastoriza abriu unha nova mostra de pintura baixo o título de Abrakatova!
As cores, a intensidade e a visión desta artista, Katova, cautivaron xa aqueles que a visitaron.
A mostra estará aberta ata o 31 de marzo do 2020 en horario de apertura da casa da cultura.
Katova é unha pintora autodidacta cuxa obra está enraizada no expresionismo e o naïf, con influencias da psicodelia, a arte románico e a pintura rupestre. Vive na súa Casa Aberta / Taller O Bisonte, na que practica a acollida tradicional no Camiño do Norte de Santiago.