Acordo histórico na Inspección de Pesca: recoñecemento profesional e melloras salariais

Despois de oitenta días de folga e mobilizacións, a Inspección de Pesca Marítima desconvoca os paros tras acadar un acordo “sen precedentes” co Ministerio de Política Territorial.
O pacto, negociado por CCOO, contempla:
Nova escala profesional exclusiva para inspectores/as de pesca
Compensacións salariais por horarios especiais e recuperación do poder adquisitivo desde 2010
Produtividade por obxectivos proporcional aos meses de abril e maio, tamén para quen secundou a folga
Compromisos para xubilación anticipada, revisión da RPT e promoción profesional real
A nova escala outorga identidade propia á profesión, crucial para implantar coeficientes redutores de xubilación e reforzar o recoñecemento laboral. Un de cada catro inspectores traballa en Galicia, onde prestan servizo máis dunha trintena de profesionais.
Sandra González, inspectora en Galicia, destacou que “este recoñecemento abre as portas a futuras melloras” e advertiu que CCOO “vixiará o cumprimento dos compromisos” e está preparado para mobilizarse de novo, se fose necesario.