Activada para o domingo a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra e amarela na zona noroeste da Coruña

A Secretaría Xeral para o Deporte suspende a actividade deportiva federada no exterior, das 12 ás 20 horas, na zona interior de Pontevedra
alertas-domingo-26-xullo
25 Jul 2026

Segundo os datos remitidos por MeteoSalud e MeteoGalicia, e no ámbito do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas, para mañá domingo, día 26, actívase o sistema de alerta por episodio de calor nas seguintes zonas isoclimáticas:

Zona de interior de Pontevedra: nivel 3, vermello.

Zona de Noroeste de Coruña: nivel 1, amarelo.

Así mesmo, infórmase que a Secretaria Xeral para o Deporte suspende a actividade deportiva federada no exterior, das 12 ás 20 horas, na zona interior de Pontevedra. A relación de municipios afectados pode consultarse na web Deporte Galego.

Meteogalicia informa que a partir da xornada de mañá domingo as altas presións localizáranse ao norte da península ibérica, achegando unha masa de aire cálido procedente do norte de África. Isto fará que as temperaturas vaian ascendendo, sendo especialmente altas entre luns e mércores.

O mapa da Dirección Xeral de Saúde Pública, as recomendacións e o Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, están dispoñibles neste enlace.

Interior de Pontevedra: Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.

Noroeste da Coruña: Abegondo, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Cambre, Carballo, Cariño, Carral, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Laxe, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Ortigueira, Oza Cesuras, Paderne, Ponteceso, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Valdoviño, Vilarmaior.

0.36081600189209