Activo un incendio en Guntín, que xa afectou a 20 hectáreas

Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 8 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 3 avións
incendio-forestal
8 Jul 2026

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, que se rexistra no concello lucense de Guntín, parroquia de Sirvián.

Este lume iniciouse ás 16.17 horas e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor das 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 8 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

0.45136189460754