Activo un incendio forestal na parroquia de Enxames, en Vilardevós

Mantense activo un incendio forestal no municipio ourensán de Vilardevós, concretamente na parroquia de Enxames, onde o lume afecta xa a unhas 10 hectáreas, segundo as últimas estimacións.
O incendio iniciouse ás 15.40 horas deste mércores e, para facer fronte ás lapas, o dispositivo de extinción mobilizou ata o momento tres axentes, sete brigadas, cinco motobombas, unha pa, un técnico, catro avións e tres helicópteros.
No operativo participa de maneira coordinada co dispositivo autonómico unha brigada despregada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.