Activo un incendio forestal no concello coruñés de Padrón

O lume iniciouse ás 16.01 horas e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas de superficie afectada
incendio-forestal-galicia
12 Jun 2026

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, que se rexistra no concello coruñés de Padrón, parroquia de Herbón.

Este lume iniciouse ás 16.01 horas e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 12 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

0.28466105461121