Airiños da Freba estará este sábado na casa museo de Manuel María

GaliciaXa
Airiños da Freba estará este sábado, día 13, ás 19 hrs, na Casa-Museo Manuel María presentando en semiacústico o seu traballo Con Grelos.
airinos da freba
airinos da freba
10 Nov 2021

Airiños da Freba estará este sábado, día 13 de novembro, ás 19 hrs, na Casa-Museo Manuel María presentando en semiacústico o seu traballo Con Grelos.

O sexteto interpreta música divertida e bailábel inspirada nos cuartetos, conxuntos, bandas e orquestras lucenses de mediados do século pasado que amenizaban as festas das aldeas e vilas galegas. Con Grelos, como o anterior traballo O de Lacón, é froito do estudo, recolleita, pesquisa e divulgación da música tradicional da provincia de Lugo.

Para asistir ao concerto cómpre reservar previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. Billete: 5 euros.

0.17770385742188