Alerta laranxa na provincia de Ourense polas fortes choivas previstas para este luns

O aviso afecta á zona do Miño, o noroeste e o sur da provincia, onde se agardan acumulacións superiores aos 80 milímetros nun período de 12 horas
temporal-chuvia-choiva-vento-estrada
25 Jan 2026

O noroeste, o sur e a zona do Miño da provincia de Ourense permanecerán en alerta laranxa desde as primeiras horas deste luns e ata a madrugada do martes debido a un episodio de choivas intensas.

Segundo as previsións, agárdanse acumulacións superiores aos 80 milímetros nun período de 12 horas. Na zona sur, especialmente na comarca da Baixa Limia, os rexistros poderían acadar os 120 litros por metro cadrado, sen descartar acumulacións puntuais de ata 150 litros.

Ante esta situación, a Xunta de Galicia comunicou que quedará suspendida a actividade no exterior dos centros educativos situados nestas zonas, así como a actividade deportiva federada e a incluída dentro do programa Xogade, como medida preventiva mentres se manteña a alerta.

As autoridades recomendan extremar a precaución, evitar desprazamentos innecesarios e seguir as indicacións dos servizos de emerxencia e protección civil.

⚙ Configurar cookies
0.29213619232178