Alerta laranxa por chuvias intensas no interior da Coruña e no centro e montaña de Lugo

Ademais, o resto da provincia luguesa, toda a de Ourense e o interior de Pontevedra están en alerta amarela
alertas-galicia-tormentas
6 Oct 2026

A Xunta activou para este martes a alerta laranxa por un episodio de chuvias intensas e tormentas, que afectará especialmente ao interior da provincia da Coruña e ás zonas centro e de montaña de Lugo. Ademais, o resto da provincia luguesa, toda a de Ourense e o interior de Pontevedra están en alerta amarela.

As precipitacións de maior intensidade están previstas a partir das primeiras horas da tarde, polo que se mantén a vixilancia ante a posible evolución do fenómeno meteorolóxico adverso.

Ante esta situación, o 112 Galicia recomendou á cidadanía extremar as precaucións, especialmente nos desprazamentos por estrada. Entre as medidas aconselladas está reducir a velocidade e evitar circular por zonas susceptibles de sufrir inundacións.

Emerxencias lembra así a importancia de adaptar a condución ás condicións meteorolóxicas e manterse atento ás posibles incidencias derivadas das chuvias.

0.36498594284058