Amigus Labs organiza un obradoiro de robótica con Arduino

GaliciaXa
Amigus Labs organiza o 27 de marzo un novo obradoiro que leva por título Robótica con Arduino para nenos de 8 a 12 anos.
robotica con arduino amigus portada
23 Mar 2022

O colectivo Amigus Labs organiza o 27 de marzo un novo obradoiro que leva por título Robótica con Arduino.

O obxectivo do obradoiro é fomentar o interese e o achegamento d@s nen@s de maneira lúdica ao mundo da robótica e a programación, descubrindo a linguaxe en bloque, as matemáticas, a ciencia e a tecnoloxía de forma divertida e colaborativa.

O robot está baseado en hardware libre e software libre. mBot é un robot baseado en tecnoloxía Arduino que se pode programar con mBlock, unha contorna gráfica de programación que combina Scratch e Arduino.

Os alumn@s experimentarán e comprobarán de primeira man como programar este tipo de robots. Para que os asistentes entendan o funcionamento do robot, realizarán unha serie de prácticas na que se mostran os conceptos básicos da programación deste e a versatilidade do robot para realizar un robot seguidor de liñas ou un robot anticolisión.

A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro, que está dirixido principalmente a pequenos de entre 8 e 12 anos.

O obradoiro, que se impartirá a partir das 10:30 é gratuíto e entrarase sen reserva previa ata completar o aforo.

0.087547063827515