Amigus organiza un obradoiro de programación con Micro:Bit

A Asociación Informática Amigus organiza un obradoiro de programación con Micro:Bit, unha actividade conxunta na que poden participar os pais e nais coas fillas e fillos. A idade das nenas/os será entre 7 e 12 anos (máximo dous nenos por grupo).
O obxetivo do obradoiro e iniciarse na construción de circuítos electrónicos que incorporan distintos compoñentes e controlar o seu funcionamento usando unha ferramenta de programación visual como MakeCode.
MakeCode é un sinxelo editor gráfico en liña moi potente que nos posibilita introducirnos no mundo da programación de forma intuitiva a través da linguaxe de programación visual ou de bloques, co que aprendemos a pensar como un programador.
O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org. No caso de ter praza e non poder asistir prégase informar o antes posible para poder cubrir a praza coas seguintes persoas na lista de espera nos emails amigus@amigus.org.
