Ana Ortiz salienta o Festival Azul como referencia para difundir o valor social e cultural da náutica

A delegada territorial da Xunta mantivo unha reunión de coordinación cos organizadores do evento, que se celebrará en Vigo en maio
Festival Azul
25 Mar 2025

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacou este luns o labor que desenvolve o Festival Azul como ferramenta para difundir o alto valor social e cultural das actividades náuticas. Fíxoo tras reunirse cos responsables do evento, que terá lugar entre o 22 e o 25 de maio en diferentes puntos da ría de Vigo baixo a organización do Clúster Náutico Rías Baixas.

Ortiz salientou a ampla oferta que suporá esta nova edición do festival, cun programa que inclúe desde cruceiros guiados ata actividades deportivas, charlas formativas ou exposicións gratuítas. “As actividades náuticas son parte esencial para o desenvolvemento social e económico de Galicia, cun reflexo tamén no eido deportivo”, subliñou.

Entre as propostas do programa figuran showcookings mariñeiros, snorkel nas Illas Cíes, visitas ao observatorio submarino “Nautilus” e ao buque “Hidria Segundo”, así como charlas de sensibilización ambiental e exposicións centradas no mar.

⚙ Configurar cookies
0.38402605056763