Ana Pontón: “A bochornosa moción de censura en Ribeira demostra o nerviosismo do PP cara a un BNG que sobe e goberna mellor”

A líder nacionalista critica as manobras do PP e augura que Luís Pérez Barral volverá á alcaldía en 2027
Ponton Bng
14 Oct 2025

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de “vergoñenta” a moción de censura en Ribeira e asegurou que reflicte o nerviosismo do PP fronte ao crecemento do Bloque. Pontón amosouse convencida de que a veciñanza “tomará nota” e devolverá a alcaldía a Luís Pérez Barral nas eleccións de 2027.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou que a moción de censura presentada en Ribeira é unha mostra do “nerviosismo do PP” fronte a un BNG que sobe, que mellora o seu apoio e que goberna mellor os concellos que o Partido Popular.
“A bochornosa moción de censura demostra a preocupación do PP cara un BNG que cada vez é máis valorado polos veciños e as veciñas”, asegurou.

Pontón criticou que, segundo transcendeu nos últimos días, a moción se lograse mediante “presións e manobras escuras”, o que, ao seu xuízo, pon de manifesto que o Partido Popular “quere facerse co poder sen ter en conta a máis mínima ética e sen preocuparse polo ben da veciñanza”.

En declaracións aos medios, a líder nacionalista amosouse convencida de que tras o “bochornoso” resultado da moción debatida hoxe, a cidadanía “poñerá a cada un no seu lugar” na próxima cita coas urnas.
“Estou segura de que Luís Pérez Barral volverá ser alcalde de Ribeira tras as eleccións de 2027”, concluíu Pontón.

⚙ Configurar cookies
0.35588312149048