Arranca unha nova campaña de prevención de riscos no manexo do tractor

Realízase en colaboración coa DXT no marco do protocolo de actuación vixente para reforzar a súa coordinación co Issga e mellorar o coñecemento técnico
Tractor-desbrozar-rozar-campo
8 Jun 2026

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe no acto de presentación da campaña de prevención de riscos no manexo do tractor impulsada pola Xunta en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. Tendo en conta que a maior parte dos accidentes relacionados teñen que ver co envorco deste vehículo agrícola, co atrapamento na toma de forza ou con sinistros de circulación, a iniciativa busca concienciar ás persoas que viven no rural sobre os riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros, sobre os posibles danos que poden ocasionar e, nese sentido, sobre a necesidade de incorporar estruturas de protección antienvorcamento e de usar o cinto de seguridade.

Esta campaña realízase en colaboración coa DXT no marco do protocolo de actuación vixente para reforzar a súa coordinación co Issga e mellorar o coñecemento técnico para a elaboración de campañas e outras actuacións que buscan reducir os accidentes de tráfico no ámbito do traballo. Ao mesmo tempo, englóbase na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e no Plan de actuación do Issga para 2026, concretamente, co fin de reforzar a sensibilización sobre o manexo seguro de maquinaria agrícola, especialmente en relación co manexo seguro do tractor e a seguridade viaria.

0.352135181427