Arredor de 700 deportistas reuníronse nas pistas de Monterrei nos Campionatos de España de Atletismo Sub-16 e Inclusivo

O campionato desenvolveuse durante toda a fin de semana no Complexo Deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar
Entrega de medallas lanzamento de peso feminino
Entrega de medallas lanzamento de peso feminino
11 May 2026

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu este domingo á sesión de mañá dos Campionatos de España de Atletismo Sub-16 e Inclusivo por seleccións autonómicas, que se celebraron esta fin de semana no Complexo Deportivo de Monterrei.

A competición está organizada pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) en colaboración co Concello de Pereiro de Aguiar, a Federación Galega de Atletismo e varias federacións de deporte adaptado, entre elas as de persoas cegas, xordas, con discapacidade física e intelectual, e de parálise cerebral e dano cerebral adquirido.

Durante a xornada, Luis Menor participou no acto de entrega de medallas correspondente ás probas de 600 metros, tanto en categoría masculina como feminina, así como en lanzamento de xavelina masculino e peso feminino.

O presidente provincial destacou a relevancia destas competicións para o atletismo na provincia, sinalando a presenza de arredor de 700 deportistas ao longo da fin de semana, entre os que se atopan varios campións de España. Menor tamén puxo en valor o papel do Complexo Deportivo de Monterrei, que, segundo indicou, “está a ter un espazo importante nas competicións, e vai camiño de consolidarse no calendario del atletismo nacional”.

0.31959581375122