As mulleres rurais de Pontoibo organizan unha cea baile de Entroido

GaliciaXa
A asociación pontesa de mulleres rurais de Pontoibo recupera o Entroido coa organización dunha cea baile, que terá lugar o sábado 5 de marzo.
cea baile mulleres rurais pontoibo entroido portada
cea baile mulleres rurais pontoibo entroido portada
18 Feb 2022

A asociación pontesa de mulleres rurais de Pontoibo recupera o Entroido coa organización dunha cea baile, que terá lugar o sábado 5 de marzo, ás 20.00 horas.

Esta actividade ten un custo de dez euros para os menores de idade e de 25 para os socios e 30 para o resto. Ata os nove anos é gratis. Poden retirar os tickets nos bares Somozas e Ortegal da localidade ata o día 28, luns.

A cea consistirá en sopa de cocido, cocido, postres, bebidas, café e chupito.

Nesta cea haberá concurso de máscaras, con preto de 200 euros en premios, para disfraces individuais, parellas e grupos.

A sesión testará amenizada polo dúo Estrellas.

0.16938281059265