As persoas coa síndrome de Down reclamarán os seus dereitos no Día Mundial desta alteración cromosómica

O Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña é o escenario escollido pola Asociación Down Coruña e a Federación Down Galicia para conmemorar un novo Día Mundial da Síndrome de Down e o 25 aniversario da entidade local. Este acto ten como principal obxectivo que as persoas coa síndrome de Down poidan reclamar os seus dereitos e defender a riqueza dunha sociedade diversa e plural.
Tamén se entregarán os X Premios Down Galicia, que teñen por obxecto recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares. Nesta ocasión os premiados son José Antonio Portabales na categoría particular, e o Concello da Coruña na categoría institucional.
Intervirán no acto institucional:
- María Díaz Caamaño – Presidenta de Down Coruña
- Delmiro Prieto González – Presidente da Federación Down Galicia
- Mª del Mar García Vidal – Deputada de Política Social, Educación e Mocidade da Deputación da Coruña
- María Rivas López – Subdelegada do Goberno en A Coruña
- Fabiola García Martínez – Conselleira de Política Social (Pendente de confirmación)
- Inés Rey García – Alcaldesa da Coruña
Acto: Conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down e 25 aniversario de Down Coruña
Día: Venres, 21 de marzo de 2025
Hora: 19:30 h
Lugar: Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña (UDC), Rúa Maestranza, 9, 15001 – A Coruña