As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT celebran o seu encontro anual en Santiago

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Damián Rey, destacou o seu papel de acompañamento á cidadanía na transformación dixital
reunion-axentex-tic-santiago
24 Nov 2026

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Damián Rey, recibiu hoxe na Cidade da Cultura as persoas encargadas da coordinación das 93 aulas de formación dixital da rede CeMIT, que celebraron o seu encontro anual.

Os axentes TIC son as persoas que atenden as aulas nos 90 concellos de Galicia que contan con dotacións de formación dixital no marco do acordo entre a Xunta e a Federación Galega de Municipio e Provincial (FEGAMP). Dende o ano 2011, as aulas levan impartidas unhas 700.000 horas de formación, nas que participaron as máis de 130.000 persoas rexistradas na rede. Ademais, CeMIT conta con preto dun millar de “aliados dixitais” entre os que se atopan empresas, entidades e persoas voluntarias.

No saúdo ás persoas asistentes, Damián Rey destacou o papel dos axentes TIC na dinamización das aulas CeMIT, identificación de necesidades, propostas de novas actividades e acompañamento á cidadanía no seu proceso de adaptación aos novos modelos de comunicación. Unha adaptación, engadiu, “imprescindible para as relacións humanas, para o desenvolvemento laboral ou para realizar calquera tipo de contacto ou xestión coas Administracións”.

Ademais de asistir a unha charla sobre formación, as persoas que asistiron ao encontro puideron visitar os dous laboratorios de ciberseguridade da Xunta que se encontran no Centro GaiasTech da Cidade da Cultura.

Durante a xornada, entregáronse os premios a axentes TIC na súa terceira edición. O primeiro premio na categoría Axente TIC foi para Rebeca Crujeiras, da aula de Ribeira, e o segundo premio foi para Vanesa Losada, da aula de Valga. Na categoría de Maiores dixitais, foi recoñecida a labor de Víctor Galdo, da aula de Cuntis e Laura Fernández, da de Celanova. E os premio na categoría Espazo maker foron para Rebeca Cujeiras, de Ribeira, e Vanesa Losada, de Valga.

1.9118978977203