As Pontes acollerá este domingo a X Ruta BTT Terras do Eume

As Pontes será este domingo, 20 de setembro, escenario da X Ruta BTT Terras do Eume, unha proba ciclista organizada polo C.C. Terras do Eume e aberta a ciclistas de diferentes idades e categorías.
A saída está prevista para as 9:00 horas desde o Concello das Pontes. A organización deseñou tres percorridos para a proba: un curto, de 24 quilómetros e cun desnivel positivo de 650 metros; un medio, de 37 quilómetros e 1.080 metros de desnivel; e un longo, de 42 quilómetros e 1.200 metros de desnivel.
As inscricións están abertas ata hoxe, mércores, ás 23:59 horas e deberán realizarse a través do formulario web da Federación Galega de Ciclismo. O prezo é de 20 euros para as persoas federadas e de 35 euros para as non federadas, cun límite de 300 participantes.
A organización anima a participar nesta cita deportiva e a gozar do ciclismo e das rutas polo contorno das Pontes. Para incidencias ou para solicitar máis información, os interesados poden contactar co correo electrónico ccterrasdoeume@gmail.com.