Atardecer no Gaiás trae 16 bandas e artistas para encher de música os seráns de xullo e agosto

A Cidade da Cultura converterase de novo no epicentro musical dos seráns de verán coa nova edición de Atardecer no Gaiás, que ofrece 11 concertos ao aire libre con entrada de balde entre o 3 de xullo e o 21 de agosto. O ciclo contará cun cartel ecléctico no que se mesturan ritmos urbanos, pop, electrónica, soul, jazz ou música tradicional, e no que destacan nomes como The Rapants, Ana Lua Caiano, Calle Mambo, Faenna, Futurachicapop ou Kike Varela DJ.
Nesta edición, o protagonismo do talento galego é especial, con propostas como as de Lua de Santana, Dirty Suc, Eris Mackenzie, La Toñi, Melodiam ou Mocho Gris, ademais das bandas gañadoras do certame Xuventude Crea 2025: Sara Gimeno, Lontras e Slimak.
Os concertos celebraranse todos os xoves e venres ás 21:00 horas na Praza Central do Gaiás, salvo que a meteoroloxía obrigue a trasladalos a un espazo cuberto. A programación arrancou co concerto dos muradáns The Rapants e continuará con artistas internacionais como a portuguesa Ana Lua Caiano ou os chilenos Calle Mambo.
Atardecer no Gaiás conta co patrocinio de Cervezas Alhambra, que neste ano do seu centenario reafirma o seu compromiso coas experiencias culturais únicas.
JULIO 2025
Xoves 3 de xullo – The Rapants
Venres 4 de xullo – Eris Mackenzie
Xoves 10 de xullo – Ana Lua Caiano
Venres 11 de xullo – Calle Mambo
Xoves 17 de xullo – Atardecer Fest con:
- Dirty Suc
- Faenna
- Al Safir
Venres 18 de xullo – Lua de Santana
Xoves 31 de xullo – Mocho Gris
AGOSTO 2025
Venres 1 de agosto – La Toñi
Xoves 7 de agosto – Melodiam
Venres 8 de agosto – Xuventude Crea (Gañadoras do certame 2025):
- Slimak
- Sara Gimeno
- Lontras
Xoves 21 de agosto – Futurachicapop + Kike Varela DJ