Besteiro acusa á Xunta de abandonar o marisqueo na ría de Arousa e valora a vivenda pública que o Concello ergue en terreos do narco Dorado

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visitou esta mañá A Illa de Arousa, onde se reuniu coa mariscadoras na confraría e percorreu bateas para poñer de manifesto o “abandono total” da Xunta co sector marisqueiro.
“Nun ano a produción caeu un 31 %, con perdas económicas superiores aos 15 millóns de euros, e a administración autonómica nin se mueve: non hai saneamento, non hai recuperación de ecosistemas, non hai dragados, non hai control de verteduras nin mantemento da ría”, denunciou Besteiro.
Frente a esta “deixación” da Xunta, o líder socialista puxo en valor o “rearme moral” que si está a realizar o Goberno municipal: “Recuperar terreos confiscados ao narco Marcial Dorado para edificar 70 vivendas sociais e un parque para a veciñanza é a verdadeira xustiza social que o PP non xogou en 15 anos”.
Acompañado polo alcalde Luis Arosa, os deputados Julio Abalde e Paloma Castro e o portavoz nacionalista Julio Torrado, Besteiro reclamou a implicación real da Xunta na recuperación das rías e a garantía de vivenda pública para fixar poboación no rural.