Besteiro alerta da “fonda preocupación polo problema da vivenda” e reclámalle solucións á Xunta

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reitera o compromiso socialista cunha Compostela moderna e habitable e sinala a urxencia de declarar unha zona tensionada na cidade, tras o éxito da Coruña.
Besteiro
30 May 2025

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou hoxe a súa “fonda preocupación polo problema da vivenda” en Galicia e esixiu solucións inmediatas á Xunta. Desde a Alameda compostelana, coincidindo coa festa da Ascensión, Besteiro destacou o compromiso do Partido Socialista “cunha Compostela moderna, habitable e na que moita xente poda facer o seu proxecto de vida”.

Un día despois de que A Coruña acadase a aprobación da declaración da primeira zona tensionada de Galicia —tras meses de dilacións do Goberno autonómico— Besteiro sinalou Santiago como “a seguinte cidade que debe seguir este camiño”, recordando que foi o PSdeG quen impulsou esa medida desde o primeiro momento.

O líder socialista advertiu do “ralentí” no que vive a capital galega e reclamou á Xunta que poña en marcha medidas como:

Declarar Compostela como zona tensionada para frear a suba dos alugueiros.

Impulsar un banco público de alugueiro que conteña prezos e abra o parque de vivendas baleiras á demanda social.

Acelerar as axudas fiscais e a promoción de vivenda protexida en solo urbano.

Ademais, contestou preguntas dos medios sobre outros temas de actualidade:

Menores migrantes: considerouno “un reto de solidariedade” e esixiu compromiso político para que Galicia acolla con dignidade a menores estranxeiros.

Ensino de Medicina: criticou a desatención da Xunta aos estudos de Medicina desde 2015 e reclamou un aumento inxente de prazas aproveitando todos os recursos docentes e asistenciais das universidades galegas.

⚙ Configurar cookies
0.13405394554138