Besteiro censura a “farsa” do Goberno galego no Consello de Política Fiscal: “Rueda vai ter moito que explicar”

O líder socialista acusa ao presidente da Xunta de antepoñer os intereses de Feijóo aos de Galicia e advirte que os deputados do PP deberán decidir no Congreso se apoian ou non a condonación da débeda.
Besteiro
27 Feb 2025

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, cualificou hoxe de “farsa” a espantada dos conselleiros do PP nada máis comezar a reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira, onde se debatía a condonación da débeda das comunidades autónomas. Segundo denunciou, o Goberno galego “foi á reunión a culebrear” en lugar de defender os intereses da cidadanía.

Para Besteiro, a actitude do Executivo autonómico responde a unha estratexia do Partido Popular para non ter que rexeitar publicamente unha medida que considera “positiva e histórica” para Galicia. “Digan o que digan en público, saben que a condonación é beneficiosa, por iso preferiron marchar en vez de votar en contra, que era o que lles ordenara Feijóo”, declarou.

O líder dos socialistas galegos advertiu que “coa irresponsabilidade de Rueda, Galicia arríscase a perder 4.000 millóns de euros, hipotecando o futuro dos servizos públicos e comprometendo o desenvolvemento económico da comunidade en igualdade de condicións con outros territorios”.

Neste sentido, Besteiro asegurou que Alfonso Rueda “vai ter moito que explicar” sobre os motivos polos que “antepón os intereses do seu partido aos dos galegos e galegas”. Ademais, puxo o foco na votación que terá lugar no Congreso sobre a condonación da débeda, preguntándose: “Que van votar os deputados do PP de Galicia cando chegue o perdón da débeda? Veremos se volven traizoar a Galicia”.

⚙ Configurar cookies
0.12279915809631