Besteiro contrapón a “dereita sen escrúpulos disfrazada de moderación de Rueda” ao modelo de “ética pública e compromiso con Galicia” do PSdeG

O secretario xeral do PSdeG critica a deriva ultra do PP e contrapón a alternativa socialista centrada na ética pública, servizos e rexeneración democrática.
Besteiro
8 Jul 2025

O secretario xeral das e dos socialistas galegos e voceiro do Grupo Parlamentario Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu este luns de que o PP “sae do seu Congreso máis ultra do que entrou, abrazando claramente o máis puro sistema político aznarista”. Acusou ao PP de carecer de propostas para Galicia e sinalou que a única mensaxe dos populares é “botar a Pedro Sánchez”.

Fronte a esta postura, Besteiro puxo en valor o modelo socialista baseado na ética pública e a rexeneración democrática. “Somos implacables coa corrupción. Non a toleramos nin a admitimos: combatímola”, afirmou.

No Comité Federal do PSOE aprobouse unha folla de ruta clara cun paquete de medidas como a modificación do código ético —para expulsar aos militantes que contraten prostitución— ou o reforzo do Comité de Ética e Garantías. Tamén destacou a relevancia da representación galega no órgano, coa entrada de Lara Méndez e César Mogo na Comisión Federal de Listas.

Besteiro tamén advertiu da “falsa moderación” que proxecta Alfonso Rueda: “É o presidente que ocultou durante cinco meses que un membro do seu goberno estaba sendo investigado por unha denuncia por agresión sexual, e despediuno cunha homenaxe”.

Para rematar, reivindicou ao PSdeG como “a alternativa que precisa Galicia: máis servizos, máis igualdade e máis decencia política”.

⚙ Configurar cookies
0.19324207305908