Besteiro defende o carácter estratéxico da industria ferrolá para o papel de Galicia no futuro de Europa

Besteiro participou na sinatura do protocolo "Abrir Ferrol ao Mar", un proxecto impulsado polo anterior alcalde socialista Ángel Mato.
Neste acto, onde estivo presente a ministra de Defensa, Margarita Robles, Besteiro destacou a importancia da industria de Ferrolterra como eixo fundamental para a autonomía económica e produtiva europea. Subliñou investimentos clave como a construción das fragatas F-110, fundamentais non só no ámbito militar, senón tamén no naval civil e tecnolóxico.
Ademais, chamou ao Partido Popular e ao BNG a demostrar o seu compromiso real con Europa, abandonando alianzas "coa ultradereita e co ultranacionalismo" que prexudican os intereses de Galicia e de Europa.
Por último, Besteiro puxo en valor o legado e esforzo de Ángel Mato en Ferrol, especialmente coa iniciativa "Abrir Ferrol ao Mar", que simboliza o compromiso socialista co futuro económico e social da cidade naval.