Besteiro lamenta a “actitude antigalega” de Rueda ao renunciar á condonación da débeda

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou hoxe a “actitude antigalega” de Alfonso Rueda ao rexeitar a condonación da débeda anunciada polo Goberno central, que suporía un alivio de 4.010 millóns de euros para Galicia. O responsable socialista lamentou a “falta de visión e de compromiso cos intereses do noso país” demostrada polo presidente da Xunta.
Besteiro lamentou que Rueda prefira “manter unha posición que prexudica os intereses de Galicia priorizando a lealdade partidista sobre o benestar dos galegos e galegas”. Segundo o líder socialista, con esta decisión o Goberno galego “ignora as oportunidades” que ofrece a condonación da débeda para aliviar a carga financeira e liberar recursos destinados á mellora dos servizos públicos e das infraestruturas en Galicia.
O secretario xeral do PSdeG critica que Rueda antepoña os intereses do Partido Popular aos da cidadanía e advirte que o presidente da Xunta “vai ter moito que explicarlles aos galegos e galegas”,